|
|
Regístrate GRATIS en la web de aficionados del Deportivo de La Coruña.
|
|
Las medallas de Galicia, los máximos galardones de la Comunidad, "tratan de distinguir a todas las personas que por sus méritos al servicio de la Comunidad Autónoma, en cualquier aspecto de su realidad social, cultural y económica, sean dignas de obtener el reconocimiento del pueblo gallego".
El Consello da Xunta aprobó en 2002 el decreto por el que se concedió la Medalla de Galicia de Oro al Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D., considerado por la UEFA como uno de los cincuenta mejores equipos de Europa, en reconocimiento a su brillante trayectoria deportiva. Según la Xunta, el Deportivo de La Coruña cuenta con la trayectoria más brillante alcanzada nunca por un equipo de fútbol gallego.
El artista Eugenio Granell, a título póstumo, fue la otra Medalla de Oro de Galicia 2002 entregada ese 25 de julio y que fue recogida por su viuda, Amparo Segarra Vicente.
En la categoría de Plata la Medalla de Galicia fue concedida ese año a Plácido Baamonde López, ingeniero, a Diego Bernal López (a título póstumo), periodista, y a Angel María Carracedo, catedrático de Anatomía Patológica de la Facultad de Medicina de Santiago. En esta categoría las distinciones se concedieron a otros diez destacados profesionales, instituciones y empresas, como Zeltia, Elías Tovar Martín, Domingo Dosil, Dolores Esther Fernández, José María Fernández de Sousa Faro, Rafael Catalá Polo, Centro Gallego de Montevideo, Colegio Liceo La Paz, Aniceto Luis Charro Salgado, Francisco García Bobadilla, José Baltasar Silveira Cañizares y Arnaldo Sousa mientras que en la categoría de Bronce se entregaron 14 Medallas, entre ellas al presidente del centro gallego de Buenos Aires, Elías Fernández, o el compositor Manuel Muñiz y a Avelino Rodríguez García, Amelia Valiño, Félix Quintero, Bautista Álvarez Rey, Armería Álvarez, Miguel Ángel Barral Varela, José Blanco Pazos, Club Baloncesto Obradoiro, Arturo González, Juan Francisco Pita Porto, María del Carmen Quintero y Francisco Javier Rodríguez.
Discurso del Presidente de la Xunta de Galicia, Manuel Fraga
A Medalla de Ouro de Galicia do 2002 foi acordada, e hoxe imposta, á persoa xurídica denominada Real Club Deportivo de La Coruña Sociedade Anónima Deportiva, é dicir, ó Dépor simplemente, de acordo coa elipse xeneralizada por todo o país, e tamén alén do chan patrio.
...Cando José María Abalo introduciu a práctica do fútbol na Coruña, sen ser consciente quizais da trascendencia educativa, cultural, económica e social que ía ter aquel deporte. O fútbol, que en pouco tempo se transformou en espectáculo de masas, e substituiu no culto popular dos coruñeses as corridas de touros, por paradoxo do azar, comezou a practicarse na única explanada hábil para iso que era a Praza de Touros da cidade herculina. Unha humilde sociedade deportiva privada, o Ximnasio Sala Calvet, fundou o Club Deportivo Sala Calvet que pola súa vez xerou outros diversos clubes cos que competir...
A práctica do fútbol, coa que entretiñan os seus leceres os mozos daquel grupo de ximnastas, estendeuse así rapidamente por toda a cidade, de xeito que o pioneiro Club Deportivo Sala Calvet era coñecido xa en 1906 como o Club Deportivo de La Coruña.... a denominación da asociación completouse o 4 de febreiro de 1909 data na que o Xefe da Casa Real da sú maxestade Don Alfonso XIII comunicou á xunta directiva do Club o beneplácito rexio para denominarse en diante co rótulo que conserva aínda: Real Club Deportivo de La Coruña.
O mérito de ter conservado viva unha asociación deportiva durante un século correspóndelles ós coruñeses en xeral. Pero máis significadamente ós socios e accionistas, ós xogadores e ós presidentes do club. Xusto é, por iso, lembralos hoxe a todos con cordial simpatía. En primeiro lugar vaia entón o noso aplauso cara ós socios e accionistas, especialmente ós directivos. Sempre foron moitos e moi parciais do seu equipo. Hoxe sono máis en número e paixón do que nunca o teñan sido, porque o Dépor é un club dos coruñeses, un club propiedade da cidadanía. O noventa por cento longo dos seus vinte mil e pico de accionistas posúen cinco accións ou menos, sendo a cifra maioritaria a de dous títulos por persoa. Pola banda oposta, os posuidores de máis de 140 accións non chegan ó tres por dez mil... esa democracia económica exemplar é sen dúbida unha das claves que explican os triunfos e a solidez do club na actualidade. ¡Parabéns para os socios do Depor!
... e Parabéns para os millóns de deportivistas de toda Galicia. Loor teñan os atletas coñecidos por Acuña, Amancio, Arsenio, Bazán, Buyo, Campanal, Chacho, Elícegui, Fariña, Fran, Hilario, Isidro, Manolete, Pahíño, Pedrito, Pellicer, Reixa, Rodrigo, Zubieta.... e tantos mais.
A Medalla de Ouro que recibe hoxe o Club honra a todos eses nomes, que atraen os máis novos cara as súas raíces, e que nos retornan ós máis maduros ós alegres anos de mocidade... Moitos daqueles futbolistas foron e son auténticos mitos. Algúns xa finaron, como é lei de vida. Pero moitos deles viven e algúns mesmo están hoxe aquí connosco. Para todos, e tamén para os que forman o actual equipo, campión da Copa do Rei de 2002, unha felicitación moi sentida por esta Medalla de Ouro.
E o mesmo dicimos de todos os presidentes do Club, desde o primeiro, don Luis Cornide Quiroga, ato o actual, don Augusto César Lendoiro. Pola amizade que lle gardo a este último, e por ser pública e notoria a relación de militancia política que nos une, debo ser neste marco institucional extremadamente parco no eloxio. Pero ninguén que coñeza un chisco a historia do Dépor poderá pensar que esaxero se digo que está a ser o mellor presidente dun club que tivo moitos de gran categoría.
Aqueles presidentes souberon converter pouco a pouco o que era só unha manchea de mozos ilusionados nun club ben organizado que foi subindo, e aínda se podería dicir que rubindo, da competición local á provincial, desta á rexional, e desta á nacional. Neste nivel superior, o Dépor oscilou entre a segunda e a primeira división, pero manténdose máis tempadas na segunda que na primeira. Ás veces correu risco a súa supervivencia como club.
Na década dos oitenta, nun deses momentos baixos, fíxose cargo do club o actual presidente, e converteu o Dépor, dun club modesto de segunda, nun club de Primeira División ben situado na elite das competicións europeas. E non menos meritorio é o ter transformado a pequena asociación deportiva descapitalizada que herdou, nunha complexa sociedade anónima deportiva económicamente sólida, e profesionalmente acreditada. Todos eses factores son os que explican que un club de orzamento modesto, en comparación con outros grandes de todos coñecidos, poida ter obtido nos últimos anos un título e tres subtítulos de Liga, dúas Copas do Rei e dúas Supercopas de España.
¡Parabéns a todos os deportivistas e ó seu presidente!
A Medalla que se lle outorga co gallo do centenario atende a premiar os méritos contraídos polo club no pasado. Pero mira sobre todo ó futuro. O Pobo de Galicia desexa que esta Medalla de Ouro anima ós xogadores, socios, accionistas e directivos do Dépor e aumente o fervor de todos eles nas ocasións de gloria, que todos lle auguramos.
Discurso del Presidente del R.C.Deportivo, Augusto César Lendoiro
Bo momento, o Día de Galicia, celebración do Apóstolo viaxeiro, festa maior da gran irmandade para un acto de afirmación. Tempo pois de encontro en Compostela, onde converxen os máis vellos camiños labrados polos "pés dos homes", como diría Cunqueiro, para expresar o agradecemento de ser galego constante e solidario nun mundo difícil en un tempo abraiante que temos a sorte de compartir.
A miña palabra agradecida hónrase máis agora ó ter a representación dos que me acompañan, os que recibimos do Goberno de Galicia un poderoso estímulo para seguir cada día espallando pola rosa dos ventos a mensaxe de calidade, de constancia, de solidariedade tolerante que sempre caracterizou a este pobo no crepúsculo céltico. Velaí pois os fundamentos de educación na liberdade que "é o pan do espírito humano", como diría o galego europeísta Don Salvador de Madariaga. E "a democracia non pasa de ser un sistema de reglas para salvaguardar a liberdade", entre todos, dende as casas, as parroquias, as bisbarras, cos que están e os que veñen... entre os diferentes universos dentro do universo. Sábeo ben esta Fisterra do Vello mundo que creou e afortalou os camiños de Europa, Galicia, con xente curtida nas aventuras e desventuras do camiño, no traballo, endurecida coma a madeira de buxo, dicía Camilo José Cela. Xente capaz de abrir portos e camiños guiados polas estrelas, simbolizados na cuncha, os que converxen e diverxen nun sartego de esperanza.
Agradecemos cada día o milagre da vida, da amizade, de gozar dunha terra co tesouro da súa variedade e calidade en tódalas ordes, a que animou unha moi longa e brillante historia, aínda non de todo coñecida por pecharse en esperpentizadas barreiras de tópicos ou de enloitadas "negras sombras" ... e a pesar de todo aínda estes nosos confíns seguen tendo a irresistible e máxica forza seductora... A confianza en nós mesmos é esa outra pedra angular dos acertos e do futuro.
Agradecidos por compartir un tempo de fondos adiantos, marcados polo poder da comunicación. Encontro tolerante na maxia da palabra e da lei, do sentido común, que en ocasións no labirinto dos arrevesamentos faise menos común, como sempre lembra o noso querido presidente don Manuel Fraga.
País este o noso, ben experimentado, sempre de portas abertas, noutrora saída de emigrantes, curtida na andaina dos camiños... para nesa universidade da vida, vivir agora o reverso e complemento da moeda, o reto da inmigración. A todo teremos pois sabio remedio recollido nunha ben sólida tradición, vinculando as ansias de imaxinación e creación que caracterizan os pobos sempiternamente mozos e como non, sumando igualmente as enriquecedoras relacións cun mundo que mostra máis ca nunca a súa grandeza e tamén as súas miserias.
Esta relucente medalla, que tanta significación ten para avivar o espírito e enriquecer as ilusións, fai medrar o noso compromiso cotián. Procuraremos sempre estar á altura da xenerosidade de Galicia. Entendo que na nosa tarefa en cada un dos eidos do progreso non debe faltar a vella impronta da solidariedade, á que, como un guieiro, nos leva a tradición e o espírito innovador, sen perder a conciencia das orixes, sen caer nas distancias da arrogancia e os triunfalismos, sen deixar de ser nós mesmos. Algo que entendemos se resume neste Día de Galicia, en definitiva, Día de Encontro, como o máis grande estadio que igualmente abrangue en irmandade, ideoloxías, razas, procedencias, condicións, culturas, éticas, estéticas, sentimentos diferentes de triunfos... os que, como os fracasos, deben ser solidariamente de todos e do noso tempo. Pero cada un de nós igual que os deportistas diante dun reto oun dun encontro dando todo, para ser recoñecidos pola individualidade, diferentes pero sempre unidos. Detrás e diante das metas sempre hai outras metas, sabendo que nese círculo despois de todo o Calvario sempre hai unha Pascua Florida.
Medalla pois para compartir e unir, para seguir ese "Camiño adiante" que poetizaría don Ramón Cabanillas.
Novamente gracias, Señor Presidente, señores conselleiros. Gracias a todos en nome de todos. Gracias a toda Galicia.